Presentación da Peza do mes

10/01/2023 | actividades | Novas

Foto dos membros do Seminario de Estudos Galegos en Pontevedra, 1928

 

O mércores, 11 de xaneiro, ás 20.00 h na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense), terá lugar a presentación da Peza do mes de xaneiro de 2023: “ARQUIVOS DO SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS“.

A explicación correrá a cargo de Afonso Vázquez-Monxardín Fernández.

Entrada libre.

Arquivos do Seminario de Estudos Galegos

02/01/2023 | 2023 | peza do mes
2023_01

O Museo conserva os seis volumes dos Arquivos do Seminario de Estudos Galegos (ASEG) proveniente dos fondos da Comisión de Monumentos.

O pulo creador do Seminario parte, no outono de 1923, da ilusión de nove estudantes da Universidade compostelá próximos ás Irmandades da Fala, –os de máis proxección Filgueira Valverde, Fermín Bouza Brey, Ramón Martínez López e Luís Tobío– e o profesor Armando Cotarelo Valledor. O nome de «seminario» fai referencia a un lugar de «sementeira», de aprendizaxe activa e traballo conxunto de profesores e alumnos, fronte á palabra «cátedra» que evoca un ensino unidireccional.

En 1926, en paralelo á colaboración con Nós e á edición de monografías, iniciaron a publicación dos Arquivos. Os seis volumes conteñen á par de artigos académicos sobre xeografía, prehistoria, arqueoloxía, etnografía, folclore, música ou literatura popular, información sobre socios, patrocinadores, directivas, actividades, etc.

A derradeira publicación do Seminario, significativo, foi Parroquia de Velle de Cuevillas, Fernández Hermida e Xoaquín Lorenzo, e saíu da Imprenta de La Región no verán de 1936.

Bo nadal e feliz 2023

21/12/2022 | xeral
Postal_nadal_2022_hor

Obradoiros didácticos da exposición: “Plástica castrexa”

Plastica_Castrexa03

Ata o 26 de febreiro podes visitar este proxecto na Sala de exposicións Afundación de Ourense, no que se mostra a plástica castrexa do Museo Arqueolóxico. Damos a coñecer a súa riqueza patrimonial.

DIDÁCTICA

VISITA CONTO OBRADOIRO | INFANTIL a 3º PRIMARIA | Antepasad@s picapedra

VISITA OBRADOIRO | 4º e  5º de PRIMARIA, 1º e 2º ESO | Atlantes de martelo e cicel

VISITA OBRADOIRO | 3º e 4º ESO, BACHARELATO e CF | Plástica Castrexa

Duración 1 h 30 min. De balde.

Máis información e reservas: areaeducativaourense@afundacion.org / 988 391 746

Exposición organizada pola Xunta de Galicia a través do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense na sala de exposicións Afundación Ourense. Praza Maior, 4.

Sala de exposicións Afundación Ourense

Presentación da Peza do mes

12/12/2022 | actividades
MPORFCE005212_87_SEQ_010_R

O mércores 14 de decembro ás 20.00 h terá lugar a presentación da Peza do Mes de decembro de 2022: “MORTEIRO DE SATURNINUS. PAPÓN. OURENSE” na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense).

A explicación correrá a cargo do director do Museo, Xulio Rodríguez González.

Entrada libre.

← entradas máis antigas